Cal é a potencia eléctrica recomendada para o meu local?
Temos á túa disposición unha Tarifa Estable de Luz ao mesmo prezo as 24 horas, que chega ata os 15 kW de potencia. Con esta tarifa, non terás que preocuparte polos tramos horarios, e pagarás un prezo único todo o día.
Se es autónomo e traballas dende a casa ou tes unha oficina pequena, o normal é que che abonde cunha potencia de ata 10 kW. Para que te fagas unha idea, un ordenador necesita unha potencia de entre 200 e 250 W aproximadamente.
Se tes unha empresa ou un local pequeno, pode que necesites achegarte máis aos 15 kW. Ten en conta o tipo de negocio que posúes, de cara á contratación para así realizar esa estimación de potencia necesaria (por exemplo, un restaurante cunha gran cociña pode ter unha demanda de potencia alta). Revisa e estima ben a túa potencia necesaria.
O cambio a Orange Energía lévase a cabo en poucos minutos e pódese facer a través da web, chamando por teléfono ao 900825205 ou acudindo de xeito presencial á túa tenda Orange de confianza.
En caso de dúbida con calquera cuestión, podes poñerte en contacto connosco a través do 900825205 se non es cliente.
Se es cliente, podes chamar ao 900 622 692, acceder á túa área de cliente ou á APP e facer todas as consultas que necesites. Nós axudarémosche a escoller a mellor tarifa que se axuste ás necesidades do teu negocio.