Chámanos ao

900 825 205

Podo cambiar a potencia de luz ao contratar?

Si podes, pero non cho recomendamos. Realizar calquera cambio de potencia ten un custo de 10,94 € (por realizar calquera cambio) e outros 4,50 € por cada 0,1 kW aumentados (salvo que unha das dúas potencias xa sexa máis alta ca a que estás establecendo). Estes custos non dependen de nós senón da distribuidora.

Se tes moi claro que necesitas este cambio de potencia, adiante, canto antes mellor. Se non, agarda a levar varios meses connosco e axudarémosche a establecer esa potencia nova en función do teu consumo e necesidades. Nós aconsellarémosche o cambio de potencia no caso de que o estudo do teu consumo nos indique esa necesidade; centrámonos no teu aforro.

Unha das mellores opcións que ofrece Orange Energía é o asesoramento respecto á potencia que se debe contratar ou renovar en cada caso.

Tras estar uns meses connosco, levamos a cabo unha análise do teu consumo e informámoste se podes aforrar na túa factura axustando a potencia ou se tes a potencia ben contratada.