Chámanos ao

900 825 205

Como cambiar de compañía de luz sendo inquilino?

Si, por suposto. O inquilino dunha vivenda en alugamento pode decidir a comercializadora eléctrica que quere contratar, como calquera outro servizo. Ademais, o cambio é doado e non require ningún tipo de instalación nin modificación.

Nun contrato de electricidade o titular da vivenda non ten por que ser o mesmo ca o do contrato ou ca o pagador.

Ás veces pode darse unha situación na que o inquilino dunha vivenda considere que a factura de luz que aboa mensualmente é excesiva en relación co consumo que realiza. A causa deste problema pode estar en que o plan que ten contratado o propietario non é o que mellor se adapta ás súas necesidades. Neste caso, é importante valorar un cambio de tarifa para abaratar as facturas.

En Orange Energía dispomos dunha Tarifa Estable de Luz a un mesmo prezo as 24 horas que che axuda a aforrar sen estar pendente dos tramos horarios. Complementariamente a isto dispomos dunha Tarifa Estable de Gas ao mesmo prezo todo o día, que se axusta ás túas necesidades de consumo. Se es cliente Orange, terás 9 € de desconto directo en factura ao mes (IVE incl.) por contratar luz e gas connosco.