Canto custa cambiar de potencia contratada?
Cambiar de potencia sempre ten un custo regulado. A distribuidora cobra eses cambios a través de Orange Energía; nós somos meros intermediarios. Ademais, é un gasto inevitable.
Ese custo componse de dúas cantidades. Por unha banda 10,94 € (IVE incluído) que se cobran por realizar calquera tipo de cambio. Por outra banda, se aumentas a potencia, cobrarase arredor de 4,50 € por cada 0,1 kW aumentados.
Por exemplo: se reduces a túa potencia, pagarás 10,94 €. En cambio, se aumentas 0,2 kW de potencia contratada, pagarás 19,92 € (os 10,94 € por realizar un cambio e 8,98 € polo aumento de potencia).
Podes estimar o que che custaría o cambio entrando no noso formulario de venda e chegando ao terceiro paso (o do “Teu produto de luz”). Tamén debes ter en conta que, se vives nas Canarias, se che aplicará o IGIC no canto do IVE (aínda que, con certas condicións, pode non aplicarse).
No noso proceso de alta verás claramente desagregados os posibles custos e, en caso de dúbida, podes contactar connosco e un axente asesorarate en todo o que necesites de xeito gratuíto.
En Orange Energía sempre se recomenda manter a mesma potencia, a non ser que as necesidades do usuario cambien considerablemente e sexa indispensable facer un aumento ou unha diminución. Se iso sucede é imposible esquivar o pagamento do custo correspondente, por iso o obxectivo sempre será evitar un cambio de potencia.
Hoxe en día está aberta a opción de consultar un posible cambio de potencia cun experto de Orange Energía. Ademais, contamos cun servizo de optimización de potencia deseñado para que cada cliente teña a potencia que necesite e mesmo poida aforrar na súa factura unha media de 60 € anuais.
Hai que ter en conta que se se ten máis potencia da que se necesita haberá que aboar unha factura máis alta, mentres que, se se ten unha potencia máis baixa da necesaria, o custo da factura será inferior, pero as necesidades non se verán cubertas. O obxectivo sempre é atopar o equilibrio entre cubrir as necesidades e pagar o prezo máis económico por iso.